O alumnado de infantil e primaria participou nunha Mostra de Arquitectura Rural (M.A.R.C.O.) organizada polo concello de Vedra.
Na liña do traballo sobre as artes galegas realizado polo equipo de mestras educación infantil, o alumnado do CPIP de Vedra pintou e decorou uns marcos de formigón ao estilo sargadelos.
Cada un deses marcos rendeu homenaxe a un artista ou asociación cultural do concello de Vedra.
Unha vez rematados, formaron parte da exposición que estivo no campo da festa de San Fins de Sales.
Deixámosvos unhas fotos para que os vexades!
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.