O 1 de abril o alumnado do noso CPI celebrou o día das Artes Galegas realizando por niveis diferentes traballos en relación a Isaac Díaz Pardo (Santago de Compostela 1920- A Coruña 2012), fundador de Sargadelos e “figura fundamental e referente ineludible para as artes do noso país” como foi destacado pola RAGBA (Real Academia Galega e Belas Artes).
Estos traballos creáronse en relación ás nove artes básicas (arquitectura, escultura, pintura, música, danza, poesía, literatura, cine e fotografía) utilizando a iconografía de Sargadelos en referencia ao artista homenaxeado este ano, sendo o resultado final o seguinte.
Deixámosvos aquí este xogo de preguntas para que intentedes averiguar cal das diferentes artes estaban interpretando os diferentes cursos. Serás capaz?
https://view.genially.com/680a43777274308ef1c1df73/interactive-content-sargaleguizando-as-artes-galegas-1-de-abril-de-2025-isaac-diaz-pardo
E aquí podedes ver o video cos traballos:
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.