Viaxe a París do alumnado de 4º ESO

Daniel González López

O Xoves 3 de Abril o alumnado de 4º da ESO comezou a súa viaxe a París xunto a tres mestres ( Mónica, Pepe e Marcos ) , colleron un voo de Santiago a Barcelona e de Barcelona a París. Para algúns seria o recordo de viaxes pasadas pero para outros seria a primeira viaxe que farían nas súas vidas.


 Ao chegar alí esperábanos unha espectacular visita panorámica en autocar pola cidade de París xunto a un guía, nesa visita vimos moitos monumentos, entre eles o Arco do Triunfo erguido no 1806 por Napoleón, a columna Véndome, a Igrexa da Madeleine, Xardíns de Luxemburgo, O Panteón, etc… 

Despois da visita panorámica  aloxámonos no Hotel Ibis París 17 Clichy-Batignolles

O Venres fomos a Disneyland París onde pasamos todo o día. Alí vimos o castelo e montamos nunha chea de cousas xa que  tivemos a oportunidade de ir aos dous parques, foi un día incrible e no cal se superaron moitos medos, sen dubida recomendo facer unha pequena parada neste parque. 


 

O Sábado pola maña visitamos o interior da catedral de Notre-Dame onde vimos os seus preciosos rosetóns ,vidreiras e a súa incrible fachada, foi unha magoa que aínda quedasen eses rastros das obras coma andamios e maquinas.


Mais tarde fomos visitar o Arco de Carrusel e o famoso Museo de Louvre onde puidemos ver en persoa unha chea de esculturas e pinturas, das cales moitas falamos delas en clase como por exemplo un dos cadros da Coroación de Napoleón, A liberdade guiando ao pobo, O xuramento dos Horacios, Victoria de Samotracia, Amor e Psique, e como non podía faltar a Gioconda. 



Pola tarde demos un paseo  no cal vimos os Xardíns das Tullerías, a plaza da Concordia, a Ponte de Alexandre III , a Igrexa dos Inválidos, etc.. 




 

O Domingo visitamos a Basílica do Sacré Coeur e o barrio dos pintores, o Barrio de Montmartre, onde había unhas vistas  espectaculares da cidade.




 Pola tarde fomos ao Palacio de Vérsalle que se sitúa a 19 Km de París. Alí vimos as preciosas estancias que hai naquel palacio, entre elas a Galería dos Espellos, unha galería moi importante na cal transcorreron moitos acontecementos históricos, vimos as pinturas que había nos teitos e paredas, os mármores e cadros de reis e raíñas e sobre todo ver a diferencia  dos dous cadros da Coroación de Napoleón. Despois fixemos un pequeno paseo polos Xardíns do palacio e ver aquela marabilla.




 

O luns, derradeiro dia en París dimos un fermoso  paseo en barco polo río Sena e vimos a  tan coñecido Torre Eiffel sabendo que  o final se achegaba.

 





 E con isto chegamos ao final da nosa viaxe, unha  viaxe que sempre gardaremos nos nosos recordos, unha viaxe que nos deixa una pegada no noso  corazón cheo de momentos inolvidables que nos acompañarán sempre, porque nunca volveremos a ir  todos xuntos  de viaxe a París  e  pasalo tan ben como nesta viaxe. 
Sen dubida recomendo que fagades esta viaxe porque é espectacular, se tendes a oportunidade de ir, ide, porque non vos arrepentiredes.

Para finalizar quería darlle as grazas aos mestres por organizar e acompañarnos nesta experiencia, xa que sen eles esta viaxe non seria posible se eles non organizaran todo e se ofreceran a marchar con 44 rapaces  de viaxe con todo o que iso significa.

 Podedes ver máis fotos no blog de Xeografía e Historia.

E hai un album con fotos de toda a viaxe aquí.

 

 



 

Comentarios