Excursión de 4º ESO ao "Ferrol da Ilustración"

O pasado Martes 25 de Febreiro os grupos de 4º da ESO realizaron unha excursión a Ferrol acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica. O motivo desta saída é coñecer o chamado “Ferrol da Ilustración”, nome co que aspira a ser recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade.

Este nome ven pola importancia desta cidade no s.XVIII que foi escollida polos monarcas da nova dinastía Borbón para construír un Estaleiro Real, un Arsenal e unha nova cidade que acollese a toda a poboación que sería necesaria (enxeñeiros, arquitectos, obreiros, militares, ...), esa nova cidade de trazado xeométrico é hoxe o famoso Barrio da Madalena.

Nos comezamos a visita nas instalacións da Armada coñecendo o edificio do
ARSENAL o Dique da Campá e a visita a bordo da FRAGATA F-105 Cristóbal
Colón
(unha das cinco máis importantes hoxe de España, todas con base en Ferrol).

Como máis tarde, rematamos a mañán visitando EXPONAV (o Museo da Construción
Naval) onde temos a evolución dos barcos ao longo da historia da nosa Armada, foi unha visita moi completa pois así vimos a evolución da construción naval.

Tras comer no centro comercial Odeón, pola tarde fixemos un percorrido polo
BARRIO da MADALENA coas explicacións da nosa guía Isabel que nos acompañou
todo o día. Así, puidemos apreciar non só o trazado xeométrico tan peculiar do s. XVIII e tamén o estilo na construción das vivendas, as de galería e as magníficas, en estilo Modernista, do arquitecto Rodolfo Ucha. Ademais, no Casino apreciamos as pinturas de Felipe Bello Piñeiro que decoran a Sala de Conversacións coñecida popularmente como “La Pecera” que forman un conxunto único.
Aquí deixamos un enlace a un cartafol coas imaxes máis destacadas dese día.

Máis fotografías da viaxe nesta ligazón: https://photos.app.goo.gl/NnXkfJzvzbY3TnX77

 

Comentarios