Ilustremos a Paz doutro xeito


Dende o Departamento de Relixión rendimos homenaxe a Castelao co Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que se celebra cada 30 de Xaneiro en lembranza da morte de Gandhi en 1948.
 

O alumnado de 4º da ESO A fixo un mural;  a tarefa consistía en elaborar unha tarxeta postal: no interior da cartolina, na metade esquerda, hai un debuxo de Castelao e no lado dereito o alumno/a  pegou unha imaxe ou debuxo da actualidade relacionada coa ilustración de Castelao. O resultado foi moi fermoso e á vez moi duro, polo que demostra que o pasado segue estando moi presente e o ser humano non aprende dos erros cometidos.

Nesta ligazón podedes ver o album con todas as imaxes: https://photos.app.goo.gl/Qis2supFgQyq5RbC7

Comentarios