Dende a Biblioteca o noso voluntariado da ESO colaborou coa asociación AGADEA , fumos un día a lerlles os microrrelatos finalistas de terror de Primaria e da ESO.
Despois fixemos unha pequena entrevista aos
nosos maiores sobre como eles vivían o Nadal cando eran pequenos e
contáronnos tamén que a cousa cambiou moito.
Foi un enorme pracer realizar esta tarefa.
Entrevista: O Nadal dos nosos maiores
Como celebraban o Nadal cando eran pequenos/as? Celebraban o fin de ano? Daquela si que se celebraba o fin de ano e tamén se comían uvas que compraban. A maioría da xente tiña radio na súa casa, e usábana para oír as campanadas e tomar as uvas. Había algunha xente que non tiña radio, entón ían á oír a radio da aldea, ben nunha casa ou nunha xuntanza. Todos pasaban estas datas na casa, ceando todos xuntos en familia, sen saír de festa como agora.
Que actividades eran típicas na súa familia durante estas datas?
Algúns deles cóntannos que non facían moito máis que estar na casa coa familia. Sí que é recurrente o feito de que poñían o belén, pero non tan elaborado como agora. Sen embargo, o costume de poñer a árbore non era común naquelas épocas.
Había algunha tradición especial que sigas lembrando con cariño?
Facían o que se chamaban “trangalladas”, que consistían en facer rabiar aos veciños cambiándolle as cousas de sitio, por exemplo levar unha maceta ou unha cancela para o medio da aldea.

Que cancións ou cantigas cantaban nesas datas? Recordan algunha?
Cantaban as panxoliñas do Nadal pero tamén algunhas con retranca para falar de cousas que pasaban na aldea ou para rirse dos veciños. Unha señora dixo unha estrofa moi simpática:
“O cura vendeu a burra,
e agora vai aos enterros d’a cabalo da criada”
“O cura vendeu a burra,
e agora vai aos enterros d’a cabalo da criada”
Que ceaban na Noiteboa e no Nadal? Había algún prato especial ou típico?
Habitualmente ceaban bacallao con coliflor, un manxar que soamente se comía naquelas épocas do ano, especialmente en Noiteboa. Algúns alegan que en Noitevella comían a comida que lles sobraba de noiteboa. Tamén era común o polo, non marisco como agora.

Recibían agasallos no Nadal? Se si, quen os daba e como se entregaban?
Sí, recibían agasallos pero moi sinxelos, como pelotas de lá, bonecas de pano e a veces tamén comida, como froitas ou castañas.
Sí, recibían agasallos pero moi sinxelos, como pelotas de lá, bonecas de pano e a veces tamén comida, como froitas ou castañas.
Había festas ou celebracións na aldea/vila onde vivían?
Non había xuntanzas na aldea, xa que todos celebraban as festas de Nadal na casa coa familia.
Non había xuntanzas na aldea, xa que todos celebraban as festas de Nadal na casa coa familia.
En que creen que mudou o Nadal dende aquela ata hoxe?
Eles notan un gran cambio nas tradicións e agasallos, xa que antes non había tantos cartos como agora, e precisábanos para facer as cousas do día a día.
Eles notan un gran cambio nas tradicións e agasallos, xa que antes non había tantos cartos como agora, e precisábanos para facer as cousas do día a día.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.