24 de outubro, Día das Bibliotecas


O xoves 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas con dúas actividades.


Contacontos "O neno serio e o botiño de palabras" de Maite Dono

A escritora Maite Dono agasallounos cunha historia moi fermosa e cunha palabriña chea de ledicia para cada neno e nena de 3º e 4º de Primaria.

As normas da biblioteca co alumnado voluntario/a
Os rapaces/as de 5º e 6º, voluntarios/as da biblioteca escolar, elaboraron unha pequena guía na que recolleron as principais normas de funcionamento da nosa biblioteca.
Aproveitando a celebración do día 24, foron pasando polas clases de primaria para presentala e deixar unha copia en cada aula.



















Comentarios