Para facer a mudanza, Xoán debe embalar con coidado os seus vasos e copas. Conseguiu varias caixas: en cada unha caben 8 copas ou 10 vasos. En total, embalou 96 pezas. Sabendo que non quedou ningún oco baleiro, cantas caixas se utilizaron?
Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.