Viaxe de fin de estudos de 4º ESO a Andalucía

O pasado mes de Abril entre os días 24 e 29 os/as alumnos/as de 4º realizaron a súa viaxe a Andalucía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia José Viaño e Mónica Vilariño.
Para estes alumnos era unha viaxe moi especial xa que en marzo de 2020 vían como a chegada da Covid-19 os deixaba sen a súa viaxe de 6º a Madrid.
A viaxe comezaba coa chegada en avión a Sevilla onde estivemos 2 días visitando a cidade cunha Visita panorámica en bus para logo estar na Praza de España, a Catedral coa subida á Xiralda, o Real Alcázar cos seus marabillosos xardíns, o Barrio de Santa Cruz, a zona moderna das Setas, a Torre do Ouro e un paseo en barco polo río Guadalquivir.
 

No Barrio de Santa Cruz

Na Xiralda

No Real Alcázar

Na Torre do Ouro



O terceiro día emprendemos a viaxe a Córdoba onde visitamos os restos de Medina Azahara e xa na cidade o interior da Mesquita-Catedral e unha visita pola Xudaría e os famosos Patios de Córdoba.

Medina Azahara

Na Ponte Romana de Córdoba

Na Mesquita de Córdoba

Patios de Córdoba


Xa a última hora co noso bus chegamos a Granada onde nos esperaban dous  días para coñecer a Catedral, a Capela Real onde están enterrados os Reis Católicos, o centro históricos da cidade con lugares emblemáticos como a Praza Bib-Rambla, a Alacaicería, o Corral do Carbón e por suposto, a espléndida Alhambra, o Xeneralife e o Palacio de Carlos V.

Patio dos Leóns (Alhambra)

Torre da Vela (Alhambra)

Alhambra (Granada)

Palacio de Carlos V (Granada)

Praza Bib-Rambla (Granada)

Catedral de Málaga


Por último, o luns chegamos a Málaga onde pola mañán fixemos unha visita guiada polo centro da cidade, onde nos explicaron a Alcazaba, o Teatro Romano, a Catedral e máis lugares especiais como a Praza da Constitución, a Calle Larios, ... E xa pola tarde, regresamos en avión desde esta cidade.

Exceptuando un día en Granada estivemos sempre acompañados por un tempo estupendo con moito sol que aínda o fixo máis especial, como se aprecia nas fotos.

Para nos, os profes que levamos dándolles clase nestes catro cursos poder ver con eles e coas explicacións de todos os guías cos que tiñamos visitas guiadas, lugares, monumentos e coñecer de cerca e máís a fondo o explicado en clase, foi todo un pracer.

Ademais, debemos apuntar que era un grupo reducido de 22 alumnos e alumnas que se comportaron dunha forma excelente e que atenderon e participaron das visitas e as explicacións. Viaño e esta profe que escribe, Mónica, agradecen o seu comportamento e os felicitan por escoller este destino. Eu levaba anos propoñendo este destino porque sabía o moito que se pode aproveitar para a nosa materia e tamén sabía que moitas desas imaxes e historias nunca as esquecerán.

Pódense ver máis fotos da viaxe nesta ligazón: https://photos.app.goo.gl/pwuWNpsVstSCSruy6 



 

Comentarios