Enigmas matemáticos: Prezo dun caderno

 

Un caderno custa 1 euro máis a metade do seu prezo. Canto custa o caderno?


 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN  

Custa 2 euros.
Para os que coñecedes as ecuacións sería a resposta da ecuación x/2 + 1 = x que se resolve así x + 2 = 2x, 2 =x

 

Comentarios