O profesor de Lingua Galega mandou ler un libro que ten 128 páxinas. Isauro leu o primeiro día 11 páxinas. O resto dos días le 10 pero entre elas sempre a última das que leu o día anterior. Cantos días tarda Isauro en ler o libro?
Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)
SOLUCIÓN
O primeiro día le 11 e quedan 126 -11 = 115 páxinas sen ler.
Cada un dos restantes días le 9 páxinas novas.
117:9 = 13 días.
En total tarda 1 + 13 = 14 días en ler o libro.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.