CONTACONTOS EN FAMILIA
Durante a semana do 22 ao 26 de abril as familias de infantil e 1º, 2º e 3º
de primaria estiveron convidadas a ler un conto na aula.
![]() |
Preme na foto para acceder ao album |
CONTACONTOS ALUMNADO ESO
Na aulas de 5º e 6º de Primaria os encargados de ler foron alumnos e
alumnas voluntarios de 1º da ESO.
Algún destes voluntarios tamén se animaron a lerlles aos máis pequenos/as
do cole.
![]() |
Preme na imaxe para acceder ao album |
AMADRIÑAMENTOS LECTORES
O martes 23 de abril os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria
convertéronse nos padriños e madriñas perfectos. Recolleron aos seus
afillados/as e xuntos polo patio pasaron un bo momento de lectura e
conversa.
![]() |
Preme na imaxe para acceder ao album |
COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AGADEA
O xoves 25 de abril a cativada de 3º de Primaria B achegáronse a aula da
Asociación AGADEA na casa da 3ª Idade. Alí presentaron o seu conto
favorito aos maiores e compartiron experiencias arredor da lectura.
Foi unha actividade interxeracional moi emotiva na que casualmente un
alumno puido gozala coa súa avoa e outro coa súa bisavoa.
![]() |
Preme na imaxe para acceder ao album |
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.