Excursión de 3º ESO a Santiago


O pasado XOVES 18 de ABRIL os/as alumnos/as de 3º realizaron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Blanca, Lourdes e Mónica.
Comezamos o día no PARLAMENTO de GALICIA cunha visita guiada percorrendo as distintas dependencias coas explicacións do noso guía Hixinio que cada ano nos sorprende con algo diferente como esta foto no vestíbulo.

Máis tarde, comezamos o percorrido polo CENTRO HISTÓRICO da cidade coñecendo rúas, prazas e edificios importantes que nos ensinan moitas cousas do pasado, como as Portas da Muralla (Faxeira, Mazarelos, Camiño), Prazas como a do Toural, e tamén edificios das distintas épocas.

 

O noso percorrido rematou na CATEDRAL á que entramos para ver o seu interior e visitamos as súas partes máis destacadas.


Despois de comer explicamos as 4 prazas que a rodean cos seus impresionantes edificios de diferentes estilos artísticos.

 

E máis tarde, a nosa cita era no MOSTEIRO de SAN MARTIÑO PINARIO onde grazas ao profesor José Luís puidemos admirar na Igrexa os fantásticos retablos barrocos e o cadeirado do coro e unha explicación da historia deste Mosteiro.

Por último, a nosa última parada era no MUSEO do POBO GALEGO onde visitamos o Pnateón de Galegos Ilustres, o claustro e a escaleira helicoidal de Domingo de Andrade.

Foi un día completo no cal contamos coa colaboración do profesor que estivo no noso centro ata hai pouco, José Luís, e tamén, debo dicilo porque é xusto, dun grupo de 48 alumnos/as que se portaron de forma excelente e atentos ás explicacións. Tamén agradezo ás profesoras que me axudaron ao longo do intenso día. Pódense ver máis fotos aquí.

 

Comentarios