O multimillonario xogador de fútbol Vedrinho chegou no seu Porsche para repartir 11 coches entre os seus tres fillos: á maior deulle a metade, á mediana a metade da maior e o benxamín a terceira parte da maior.
Dende logo non partiu ningún vehículo. Como fixo Vedrinho?
Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)
SOLUCIÓN
Á maior dálle (11 + 1):2 = 6, á mediana dálle 3 e ao benxamín dálle 2. Vedrinho queda co Porsche no que viaxou.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.