MINECRAFT

Título: Minecraft

Plataforma/s: Windows, MacOS, Linux, Android, IOS, IPadOS, Xbox 360, Xbox One, Xbox Series X/S, PlayStation 3, PlayStation 4, PlayStation Vita, Raspberry Pi, Wii U, Nintendo Switch, New Nintendo 3DS, Windows Phone, Fire OS, tvOS, Apple TV.

Xénero: Construción

Gustarache se che gustou Roblox


O Minecraft é un xogo de construción de mundo aberto.

Lanzado en 2009 e evolucionou con numerosos cambios, sendo hoxe o videoxogo máis vendido.

Neste xogo entras nun mundo aberto, baséase en colocar ou quitar

bloques e ir construíndo. Pódese xogar en modo en supervivencia ou en creativo. Dispós dun inventario onde tes gardado todo o material. En modo creativo podes coller o material que queiras e non tes vidas polo que non poden matarte. En cambio, en modo supervivencia tes que ir conseguindo o material nas minas ou noutros sitios. Tamén tes que matar animais para conseguir comida. 

En modo supervivencia si que tes vidas e se fas mergullo tes un tempo para estar na auga, se remata o tempo quedas sen respiración. Para ir recuperando as vidas o antes posible tes que coller comida.


O xogo é moi divertido e se estás con amigos podedes xogar xuntos e crear o voso mundo. Paréceme mellor estar en supervivencia cos amigos, xa que podedes facer retos ou calquera actividade.

Para xogar só gústame máis en creativo para crear un mundo con casas de todo tipo, xa que entretén moito e está ben facer novos deseños.

Recomendo este xogo a partir dos 8 anos. É moi entretido e sobre todo se che gusta construír ou a aventura.


Un artigo de Sofía Sánchez


Comentarios

  1. Non mo esperaba, o Minecraft!! encántame a recensión que fixeches porque capta moito
    a esencia do Minecraft, ademais de ser un bo resumo, eu doulle 5 estrelas. =D

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.