Mario vai pola mañá ao colexio a unha velocidade de 6 km/h e pero regresa pola tarde a unha velocidade de 3 km/h. O colexio está a 3 km da súa casa. Cal é en conxunto a velocidade media dos dous recorridos de Mario?
Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)
SOLUCIÓN
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.