DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL


O 15 de febreiro foi o Día Internacional do Cancro Infantil e dende o CPI de Vedra, de man da  Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e da "Federación Española de Padres de Niños con Cáncer" (FEPNC) tivemos a oportunidade de ter unha xornada especial coa que quixemos darlle visibilidade a este día.
 

Foi á volta do descanso de Entroido cando catro alumnas de 3º de primaria nos leron o manifesto. É por iso que dende ese xoves todo o noso centro está cheo de lazos dourados con mensaxes de ánimo para as nenas, nenos e familias que están pasando por esta dura enfermidade (que podedes ver neste video). Pero non só iso! E é que na pel de todas e todos nós (nenas, nenos, profes...) luciron tamén tatuaxes con ese símbolo! (Xa vai alá unha semana e algúns aínda os seguimos lucindo con garbo!).

Comentarios