O alumnado da ESO desfrutou durante o primeiro e o segundo trimestre das actividades do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade” da Secretaría Xeral da Igualdade.
Houbo catro obradoiros nos que os rapaces e rapazas puideron informarse sobre os problemas actuais que existen na loita para alcanzar unha igualdade real na nosa sociedade. Tamén se colgou a exposición “Cartas de Amor” na que os autores das obras plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideran violentos nas relacións de parella entre adolescentes. E, por último, asistimos á obra de teatro “Golpes” que tiña o obxectivo de sensibilizar ao alumnado acerca da violencia de xénero.
A continuación móstrase unha serie de fotografías das actividades realizadas:
Xénero Educa Dinámicas |
Violencia de xénero e publicidade non sexista |
Violencia de xénero e novo contexto dixital |
A nova escravitude do século XXI |
Teatro "Golpes" |
Exposición "Cartas de Amor" |
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.