League of Legends


Título: Leage of Legends /LOL

Plataforma/s:  Windows e MacOs

Xénero: Estratexia en liña

Gustarache se xogaches ao World of Warcraft



É un videoxogo multixogador de batalla en liña desenvolvido por Riot Games inspirándose no Defense of the Ancients.

E un xogo no que hai dous equipos de cinco xogadores onde cada un ten que escoller un personaxe, cada personaxe ( “campión” ) ten habilidades diferentes polo que dependendo do personaxe que escollas túa experiencia vai ser diferente. Ao largo da partida os personaxes vanse  facendo mais poderosos a medida do que van conseguindo puntos de experiencia e ouro que se usa para comprar artigos. 

Para gañar tes que chegar a base inimiga para destruír o seu “nexo” antes de que teus inimigos o consigan, para chegar ao “nexo” primeiro tes que destruír unhas torretas que che impiden o paso. Agora o xogo conta con 162 personaxes únicos xogables clasificados por unhas clases as cales son: Aniquilador, Controlador, Loitador, Mago, Tanque, Tirador e Especialista.

 E un xogo que leva moito tempo acostumarse e mellorar e mentres sexas malo a xente xa sexa do teu equipo ou do outro vaite insultar, as partidas tamén son largas ao redor duns 15 minutos aínda que si tes moito tempo libre pódeche gustar.


 Só recomendaría este xogo a xente que ten moito tempo libre xa que as partidas non adoitan ser curtas.


Un artigo de Arón Rodeiro de la Fuente

Comentarios