Hatsune Miku: Colorful Stage!

 


Título:
Vocaloid/ Hatsune Miku: Colorful Stage! 

Plataforma/s: Android / IOs

Xénero: Novela visual, Ritmo

Gustarache se che gustou Hatsune Miku: Project DIVA MEGA 39’s, El Piano


É un xogo de ritmo xaponés con unha gran variedade de música, que pode ser de un so xogador ou multixogador que se pode traducir ao inglés. É desenvolvido por CyberAgent, Colorful Palette e publicado por Sega o 30 de setembro do 2020



O xogo vai dunha rapaza chamada Ichika, que camiña pola rúa e ve unha pantalla LCD que mostra a Hatsune Miku. Ao volver a casa, descobre no seu móbil unha canción chamada "Untitled". Tocarás dita canción e, nese momento, Miku cruza diante de ti, dándote a benvida ao mundo Sekai. Ao permitirche escoller diferentes estilos de musica para asi ir a un mundo musical o máis axustado a os teus gustos musicais. Unha vez máis entenderase que hai uns mundos creados polos sentimentos reais dunha persoa presentando diversos aspectos visuais en función da persoa. Hai varios Sekai (son os mundos), polo tanto, o foco do xogo é unha viaxe entre personaxes para atopar os seus "sentimentos reais" coa túa axuda para preservalos. Tes que tocar as súas cancións, podendo axustar os niveis, tocando as teclas sen cometer erros porque se non vas perdendo a vida e tes que intentar gañar ou puntuar o máximo posible para avanzar coa historia e pasar ao seguinte capítulo, porque a historia funciona por capítulos. 

Tamén ten un multixogador onde os xogadores tocan cancións xuntos con outra xente xogan facendo dous grupos e logo competir entre eles.



 O xogo é moi divertido e moi dinámico, hai musica de todo tipo e para todos os gustos, contando cun gachapon (Apartado onde por medio duns cristais, que consegues, podes tiralos ai para conseguir personaxes) e unha gran variedade de personaxes. Tamén podes facer amigos e todos os xogadores online, cos que eu e xogado, son moi vos e divertidos facendo as partidas mais divertidas e doadas, sobre todo cando hai eventos.


Recomendo este xogo se queres entreterte e se tamén che gusta a música, tamén se non podes quedar coas mans quetas podería gustarche o xogo porque canto máis rápido vaian as teclas mais rápido tes que reaccionar e mover os dedos.

En conclusión, e un xogo moi activo ao que podes dedicarlle unhas cancións, xa que son algunhas non moi largas e podes pasar tamén un gran rato con música e moito ritmo.



Un artigo de Miriam Rodríguez García


Comentarios