GTA 5
Plataforma/s: Playstation (3 a 5) Xbox 360 e Xbox One, e Ordenadores.
Xénero: Acción-Aventuras (mundo aberto)
Gustarache se che gustou Rainbow Six ou CSGO
O GTA 5 é un videoxogo de mundo aberto, lanzado no 2013, no cal podes xogar tanto en modo historia, como en modo online, no cal teu obxectivo principal e facer misións como atracos, asasinatos, carreiras etc…. Pero no que tamén podes xogar cos teus amigos, e facer o que queiras por toda a cidade de San Fierro, Los Ángeles.
En modo historia, dispós de 3 personaxes, Michael, Franklin e Trevor, cos que vas ter que facer un gran número de misións como atracos, asasinatos….
No modo online, creas un personaxe, podendo editar, o vestiario, tatuaxes, trazos fiscos e demais. Con ese personaxe podes facer absolutamente o que queiras, crear bandas de moteiros, facer misións, xogar con amigos, cambiar personaxes, xogar a algún deporte…
O xogo é moi divertido e dinámico, podes facer practicamente calquera cousa que se che ocorra, tanto só coma con amigos, o malo e que se queres avanzar no modo historia, ou gañar cartos no modo online, debes dedicarlle polo menos unha hora cada vez que xogues.
Que sexa en mundo aberto, cunha cidade real recreada a perfección, achégalle moito realismo e podes facer unha infinidade de cousas por toda a cidade, como ir a bares, tendas de roupa, xogar ao tenis, golf…
Que non sexa gratuíto, e que na Playstation debas subscribirte a Playstation Plus para poder xogar online, fai que non estea dispoñible para todo o mundo.
Recomendo este xogo a partir dos 12/13 anos, inda que o PEGI sexa de 18, para xogar cando teñas a tarde libre, ou estes un tempo
ou desocupado, solo ou con amigos (con amigos pasaralo moito mellor).
ou desocupado, solo ou con amigos (con amigos pasaralo moito mellor).
Se queres gañar cartos no modo online, para comprar casas, coches, avións, garaxes, tanques etc…, podes compralos en páxinas non oficiais, pero eu diría que non o fixeses, xa que a parte que non é fiable, quítalle emoción ao xogo.
Un artigo de Jacobo Oubel
dende logo, este xogo non e pra menores de idade...
ResponderEliminar