Enigmas matemáticos: Outro de pesadas

Dúas persoas, Inés e Xoana mercaron 180 kg de centeo coa intención de que Inés levara 140 kg e Xoana 40 kg. Como fixeron para repartirse o centeo se so dispuñan dunha balanza cunha pesa de 1 kg e outra de 4 kg?


 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN   

Dividiron a carga entre os dous pratos da balanza de xeito que quedase equilibrada: 90 kg en
cada prato.
Unha metade divídese entre os dous pratos de xeito que quede equilibrada. Haberá 45 kg en
cada un.
Nun prato póñense as pesas (total 5 kg) e retírase o grao hasta quedar equilibradas. No prato
das pesas quedaran 40 kg e o resto do grao son os 140 kg.

 

Comentarios