Enigmas matemáticos: Os habitantes dunha aldea

Translator
Translator

 

Dixéronme que nunha remota aldea so vivían tres persoas e que eran dúas nais e dúas fillas. É posible?


 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN   

 Si. Avoa, nai e filla ou nai, filla e neta.

 

Comentarios