Datos e gráficas sobre a prensa galega

O alumnado de Educación dixital de 3º ESO fixo unha tarefa de investigación sobre a prensa que se publica en Galiza. Cos datos recollidos elaborou unha serie de gráficas que pasamos a amosarvos:

Os xornáis sobre os que se traballou foron: La Voz de Galicia, Nós Diario, El Faro de Vigo, El Diario de Pontevedra, El Progreso, La Región, El Correo Gallego,
Atlántico Diario, Galicia Confidencial e Praza.gal.

 

 

Nesta gráfica vemos o tipo de acceso aos contidos das versións dixitais dos xornais; aberto significa que se poden ler todos os contidos sen restriccións, mixto é cando hay contidos aos que só se pode acceder previo pago.

Dos xornais estudados o 80% teñen edición en papel ademais de dixital.


Aquí vemos os datos de que lingua usan os xornais publicados en Galicia: só en galego, só en castelán e, a maioría, principalmente en castelán aínda que con algunha noticia en galego.


Esta gráfica fai referencia a se os xornais teñen como lectores principais os habitantes dunha área ou cidade ou de toda Galiza.


Seccións máis habituais nos xornais galegos.


Número de lectores que ten cada xornal (a cifra hai que multiplicala por mil). Figuran só os xornais con edición en papel, que son os que aparecen no Estudio Xeral de Medios.


Por último, e partindo dos gráficos que mostraban o número de lectores por xornal e o uso da lingua que facían estes xornais (en papel), temos este gráfico no que se ve que as noticias que len os lectores galegos está na súa práctica totalidade en castelán.





Comentarios