Counter-Strike


Título: Counter-Strike

Plataforma/s: Windows, Xbox, Linux, Dreamcast, MacOs

Xénero: Shooter e estratexia

Gustarache se che gustou Valorant


Counter-Strike é un xogo de disparos en liña para PC e Xbox. Lanzado por primeira vez en 1999, exclusivamente para PC, e logo a outras plataformas. Na actualidade o xogo ten varias versións, con distintos motores gráficos e para distintas plataformas, aínda que a máis xogada é Counter-Strike Global Offensive ou pola súa abreviatura CS:GO


O xogo baséase en dous grupos de 5 persoas, un de terroristas, cuxa misión é colocar unha bomba e explotala e un de antiterroristas que teñen que intentar que non se detone a bomba. O xogo acaba cando a bomba explote, sexa desactivada, se mate a todos os integrantes de un dos equipos ou acabe o tempo, en este caso gañaran os antiterroristas. O xogo vai por rondas ao principio de cada unha deberás comprar as armas que utilizarás na mesma: pistolas, subfusís, francotiradores, fusís de asalto… e tamén deberás comprar unha armadura que che aporta máis vida, parte tamén se poden comprar complementos como granadas de fume ou aturdidoras… En este xogo tamén hai un gran mercado de skins de armas, guantes ou coitelos, estes son deseños que cambian a cor, poñen debuxos e pegatinas, estes conseguense abrindo caixas, comprando no mercado do propio xogo ou comprándollo a terceiros a través de paxinas especializadas en isto, algunhas de estas skins chegan a ter valores desorbitados debido a súa exclusividade ou a súa rareza a skin mais cara vendida ata agora foi un Karambit Gema Azul que foi vendido por 1.2 millóns de €, debido a súa rareza xa que ten unha probabilidade de 1 entre 371.000.000 de aparecer en ese estado de desgaste. 

O xogo é un tanto complicado en un principio xa que hai moita información que aprender en moi pouco, tempo pero segundo vas xogando cada vez é mais divertido, e chegado a un punto daste conta de que o xogo é moito mais complexo do que parece en un principio. Aparte creo que é un xogo no que é moi importante a comunicación en equipo  e isto pode axudar a algunhas persoas. As veces é un pouco frustrante sobre todo canto mais avanzas xa que hai momentos no que te quedas estancado en algún rango.


Recomendo este xogo para xogar con amigos no tempo libre. É gratuíto (aínda que se poden facer compras dentro do xogo). É moi entretido e dinámico. Aparte recentemente saliu Counter-Strike 2, o novo xogo da saga.




Un artigo de Mateo Mogo

Comentarios

  1. O clásico cs:go estaba esperando a recensión!!! moitas gracas :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo comentario de ánimo, seguirei a facer recensións mais a miúdo. Estou moi motivado =)

      Eliminar

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.