Plataforma/s: Android / IOs
Xénero: Shooter estratéxico
Gustarache se che gustou Counter Strike
Valorant é un shooter estratéxico en liña que consiste en dous equipos de 5 persoas, o bando atacante contra os defensores, o primeiro en chegar a 13 rondas con 2 de vantaxe gañará a partida.
Neste xogo dispós duns cartos para disputar todas as rondas, se gañas recibirás máis cartos para comprar as armas e disputar as rondas. Hai 22 personaxes cada un coas súas habilidades unhas cun rol mais defensivo, atacante ou neutro. Hai 10 mapas cada un con dous ou tres sitios para atacar dependendo de cada mapa. A loita remata cando un dos dous bandos chegue a 13 con vantaxe de 2 se non haberá un tempo extra no que cambiaras de bando cada ronda disputada, cada dúas rondas haberá unha votación para empatar a partida ou seguir con ela. As partidas son bastante longas soen durar entre media ou unha hora, se te ausentas unhas cantas rondas os xogadores poderán reportarte a través do xogo e pódenche poñer unha suspensión da conta durante bastantes horas, xa que no tempo que te ausentaches prexudicaches a o teu equipo xa que o equipo contrario tiña unha superioridade numérica. O xogo conta con nove rangos e iras subindo de rango dependendo de como xogues a partida daranche mais ou menos puntos.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.