A facultade de Química da Universidade de Sevilla creou un cómic sobre os elementos da táboa periódica onde os protagonistas son os elementos químicos. “La tabla periódica. Un cómic con mucha química”, para celebrar que en 2019 se cumpriron os 150 anos da publicación da mesma por Dmitri Mendeleiev.
A taboa periódica é unha ferramenta fundamental, na que se presentan os elementos químicos de forma organizada e permite comprendelos. Inclúe información de cada un dos elementos que forman o universo.
É considerada unha das aportacións mais importantes da ciencia, utilizada tanto na química como noutras moitas ramas do saber.
O cómic pódese ler de balde:
https://150tpuscsic.wixsite.com/150tp/comic
https://institucional.us.es/tp150csicus/comic-de-la-tabla-periodica-espanol/
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.