FIFA 23

 


Título
: FIFA 23 

Plataforma/s: Microsoft Windows, PlayStation 4, PlayStation 5, Xbox One e Nintendo Switch

Xénero: Deportes

Gustarache se che gusta o fútbol


FIFA 23 é un xogo lanzado en 2022 que trata sobre fútbol, nos que podes xogar partidos, practicar regates, facer entrenamientos ou ata crear a túa propia plantilla.


Neste xogo podes formar a túa propia plantilla abrindo sobres que che dan gratis ou comprándoos na tenda por unas moedas que vas gañando. Cada día danche un sobre e cando o abre podenche tocar xogadores que vas poñendo na túa plantilla para mellorala. Tamén podes xogar cos teus amigos, escolles un equipo (Real Madrid, Fútbol Club Barcelona, Atlético de Madrid, ou ata un equipo feminino) e teu amigo outro equipo podendo xogar un partido de 90’ un contra o outro. Outra opción é facer adestramentos cos xogadores que ti elixas, aprender regates ou aprender a tirar faltas, ou xogar en línea cos teus amigos. Ademáis que podes xogar a FIFA WORLD CUP ou a WOMEN’S WORLD CUP que lideras o país que ti elixes e vas xogando partidos, ou podes crear ti a teu propio/a xogador/a personalizado/a. 

O xogo está moi ben se che gusta o fútbol, podes aprender moitas cousas sobre os xogadores e sobre o fútbol. Pasalo moi ben xogando con amigos, pero para poder xogar tes que compralo ti. Ademáis non te aburrirás porque sempre terás algo que facer, como mellorar a túa plantilla ou mellorar a xogadores do teu equipo. 

                                                                                 

Recomendo este xogo porque é moi fácil de xogar, divertido e para pasar o rato o xogo está moi ben. Para xogar terás que compralo ti, e dentro do xogo podrás comprar máis cousas, como sobres, moedas… En conclusión, moi entretido.


Un artigo de Denisa 



Comentarios