Para conmemorar o 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e nenos de Educación Infantil estivemos traballando co conto de Adela Turín, Artur e Clementina.
As nosas mestras contáronnos en moitas ocasións esta historia na que Artur non se porta demasiado ben coa súa compañeira Clementina, e isto deunos para moito debate! Foi por iso que decidimos facer moitas “Clementinas” para poder levar unha mensaxe moi importante aos nosos fogares: Quéreme ben!
Ademais fixemos un traballo moi especial co que decoramos a entrada ao cole, un mural colaborativo onde todas e todos puxemos o noso pequeno traballo:
Os maiores encargáronse de escoller e escribir aquelas palabras que SI debemos e aquelas outras que NON lle debemos dicir a quen queremos !
As nenas e nenos de catro anos decoraron a Artur e Clementina con moita gracia!
E as máis pequenas do cole decoraron as letras e posaron facendo xestos positivos e negativos cara os demais, cos que cubrimos as cunchas destas tartarugas.
E así foi como quedou!
Agora todos pasamos por alí varias veces ao día e podemos recordar aquilo de….
Por certo, se non coñecedes a historia de Artur e Clementina, aquí vos deixamos un enlace no que ver a versión en castelán deste conto tan bonito.
https://www.youtube.com/watch?v=lDZIQ-aLfzE
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.