SuperTux


 Título:
SuperTux

Plataforma/s:  Android, Microsoft Windows, GNU/Linux, GP2X, Mac OS Classic, Mac OS

Xénero: Plataformas

Gustarache se che gustou Mario Bros


SuperTux é un xogo de plataformas que foi inspirado no Super Mario Bros de Nintendo. A primeira versión foi lanzada o 30 de abril do 2000 




Neste xogo o protagonista é Tux, un pingüín que ten como misión ir rescatar a Penny, outro pingüín, de Nolok, que a ten secuestrada e para iso terá que pasar varios niveis saltando e pasando por varias plataformas esquivando algúns obstáculos cos que se vai cruzar no medio do camiño en cada nivel, tamén hai uns bloques que che dan unha flor de lume que che axuda a matar os “inimigos”. Nalgúns niveis, algunhas veces hai unhas campás de checkpoints que che axudarán a “gardar” a partida unhas veces para non ter que empezar de novo se perdes, pero se non a tocas e chocas con algún dos inimigos ou caes, o pingüín morrerá e terás que volver a facer o nivel dende principio e tentar de novo chegar á meta vivo.



O xogo é moi divertido e moi entretido xa que ao haber tantos niveis e mundos diferentes está ben para pasar o tempo libre xogando un rato e non aburrirte.



Recomendo este xogo a partir dos oito anos. É gratuíto e para xogar hai que descargalo, está dispoñible só en ordenador.







Un artigo de Mencía Fresco Martínez

Comentarios