O Equipo de Dinamización da Lingua Galega aporta esta serie de recursos e eventos sobre o Nadal:
CAMPAÑA da Real Academia Galega e da Fundación Barrié A palabra do Ano 2023.
Podedes ver as seis propostas e votar a que prefirades ata o 25 de decembro en: https://portaldaspalabras.gal/elixe-a-palabra-do-ano-entre-estas-seis-propostas/.
TEMPO DE NADAL. Recursos:
Nadal na Rede 2023 - O Portal da Lingua Galega
Ailá de Nadal - O Portal da Lingua Galega
Outros
Palabras
A compañía Baobab Teatro presenta unha proposta dirixida a nenos e nenas entre 1 e 8 anos e ás suas familias. Palabras parte do eixe principal das lerias e enredos da nosa tradición oral, que xa contaban os nosos tataravós, bisavós, avós... Desde
aí, viaxa a través da música, dos xogos e das historias tradicionais que as familias asistentes aprenderán para continuar xogando cos seus fillos na casa unha vez finalizado o espectáculo.
Palabras chegará da man de Nadal en Rede aos seguintes concellos:
- Padrón, Auditorio Municipal: 15 de decembro ás 18.00 h
- Mos, Auditorio do Pazo de Mos: 16 de decembro ás 19:00 h
- Sanxenxo, Pazo Emilia Pardo Baán: 22 de decembro ás 17:30 h
- Pobra de Trives, Auditorio Julio Vázquez: 23 decembro ás 17:00 h
- Cee, Auditorio da Casa da Cultura: 26 de decembro ás 11:00 h
- O Corgo, Centro Sociocultural: 27 decembro ás 12:30 h
- Monterroso, Espazo Cultural Lorenzo Varela: 28 de decembro ás 12:00 h
- Baiona, Praza do Concello: 16 de decembro ás 12:00 h
Contos no Nadal
A contadora Ángeles Goás chega ao Nadal en Rede para ofrecernos a oportunidade de mergullar na escoita de historias de chemineas, nevaradas, agasallos, segredos... e de deixar que a maxia e a emoción destas festas invernais impregnen os nosos sentidos. Podedes acudir a escoitala a:
- Brión, Casa da Cultura: 2 de decembro ás 12:00 h
- Gondomar, Auditorio Municipal LoisTobío: 9 de decembro ás 18:00 h
- A Fonsagrada, Salón de Actos Municipal dos Chaos: 28 de decembro ás 18:00 h
- Oroso, Auditorio do Centro Cultura Fernando de Casas Novoa: 29 de decembro ás 11:30 h
- San Cristovo de Cea, Edificio Multiúsos: 29 de decembro ás 18:00 h
De ida e volta
A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Parará este Nadal nas seguintes entidades da Rede:
- Cambados, Auditorio Municipal: 22 de decembro, ás 20.30 h
- A Estrada, Recreo Cultural: 23 de decembro ás 21.00 h
- Vigo, Centro Veciñal e Cultural Valadares: 30 de decembro ás 19.00 h
Os Piñeiriños. Xa é Nadal
Os divertidos irmáns Fuco e Xela, máis coñecidos como os Piñeiriños, presentan estas festas un espectáculo lúdico e interactivo cheo de contos e de música para nenos e nenas de ata 10 anos. Dispostos a catar e a bailar con eles? Poderedes facelo en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística:
- Vigo, Museo do Mar de Galicia: 10 de decembro ás 17:30 h
- Lalín, Casa do Patrón: 17 de decembro ás 17.30 h
- A Estrada, rúa Calvo: 23 de decembro ás 18:00 h
- Barro, Pazo da Crega: 24 de decembro ás 12.00 h
- Santiso, Escola de Música Eugenio Pazos Reyes: 26 de decembro ás 12:00 h
- Mondariz-Balneario, Sala de Cultura: 26 de decembro, ás 18.30h h
- Vilanova de Arousa, igrexa da Pastoriza: 29 de decembro ás 18:00 h
Contos e cantos de Nadal
O trío formado por Uxía (voz e percusión), Sèrgio Tanus (guitarra, viola caipira, cavaquiño e percusión de man) e Santiago Cribeiro (acordeón) celebrará 8 concertos para público familiar con repertorio propio do Nadal. Con eles darán a
coñecer panxoliñas tradicionais e outras de nova creación que os participantes poderán recordar e aprender para cantar despois na casa.
Contos e cantos de Nadal fará parada este inverno en:
- Cercedo - Cotobade: 17 de decembro ás 12:00 h
- Poio: 17 de decembro ás 18:00 h
- Soutomaior: 23 de decembro ás 12:30 h
- Covelo: 23 de decembro ás 18:00 h
- Oímbra: 26 de decembro ás 12:00 h
- Xinzo de Limia: 26 de decembro ás 19:00 h
- Outes: 29 de decembro ás 12:00 h
- Ribeira: 29 de decembro ás 19:00 h
O castiñeiro do Apalpador
No Concello de Manzaneda e no de Triacastela terá lugar unha representación de O castiñeiro do Apalpador, da compañía Fantoches Baj, coa que os nenos e nenas coñecerán mellor a figura mítica do Nadal Galego:
- Venres 29 de decembro, Centro de Día de Manzaneda, ás 16:30 horas
- Sábado 30 de decembro, na Ferrería A Ponte de Triacastela, ás 17:00 horas
Nesta obra, dirixida a público de máis de 3 anos, o propio Apalpador será quen lles conte aos asistentes por que reparte castañas entre os nenos e nenas durante o Nadal.
Árbore de Nadal - O Portal da Lingua Galega
Cantos para o Nadal - O Portal da Lingua Galega
O meniño rei, un conto de Nadal especial - O Portal da Lingua Galega
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.