Título: Fall Guys
Plataforma/s: Microsoft Windows, Play Station 4, Play Station 5, Nintendo Switch, Xbox One, Xbox Series X/S
Xénero: Battle Royale, plataformas.
Gustarache se che gustou Fall Dudes 3D
O Fall Guys é un xogo desarrollado por Mediatonic, no que pode haber ata 40 xogadores e hai diferentes minixogos que escollen ao azar, a medida que avanzan as rondas van eliminando xogadores ata que queda un só que se declara como gañador.
Neste xogo dispós de un personaxe principal (o cal che dan ao comezar o xogo) e podes conseguir máis si vas gañando puntos ou compralos con moedas. O personaxe ten que ir saltando, trepando, rodando ou facendo algún movemento para poder esquivar calquera tipo de obstáculos para chegar á meta. Hai cerca de 40 xogadores (dependendo da partida hai máis ou menos) que se van eliminando a medida que van pasando as rondas de esa partida. Cada partida ten unha durabilidade de como moito 10 minutos. Hai diferentes minixogos para xogar en cada partida, comeza con un minixogo e a medida que vas avanzando esa partida vai cambiando de minixogo.
O xogo é moi entretido e ao non ter moita durabilidade podes xogar varias partidas. É un xogo na miña opinión moi divertido, e tamén podes xogar con algún amigo ou senón xogas con xente que está en liña. É un xogo bastante sinxelo de xogar polo tanto poden xogar nenos máis pequenos. A min gústame moito os seus personaxes porque ao haber moitos sempre hai un que che vai gustar.
ningunha temática violenta nin nada. O xogo é totalmente gratuíto, despois dentro do xogo hai diferentes cousas que podes comprar. Pódese xogar en moitos dispositivos diferentes (móbil, ordenador…).
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.