Enigmas matemáticos: Compras na papelaría

 

Con 100 euros merquei cen obxectos na papelaría. Cada calculadora vale 10 euros, cada caderno vale tres euros e cada lapis vale cincuenta céntimos. Cantos merquei de cada un se de todos merquei algún e non merquei ningún doutro tipo?

 

 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN 

 5 calculadoras, 1 caderno e 94 lapis.

 

 

Comentarios