Enigmas matemáticos: Atravesar o río

 ¿Como podes salvar un barranco se tes que levar na túa viaxe un lobo, unha ovella e unha col e vas atravesar o barranco descolgándote por unha corda á que te agarras cunha man e coa outra levas suxeita ou un animal ou a col?

Pensa que o lobo come á ovella e a ovella come a col.

 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN 

Na primeira viaxe leva a ovella e volve baleiro. Na segunda viaxe leva e col e volve coa ovella. Na terceira viaxe leva o lobo e volve baleiro. Na cuarta e última viaxe leva a ovella.

 

 


Comentarios