Xincana Samaín Infantil


O pasado luns 30 de outubro as nenas e nenos de Infantil do CPI Plurilingüe de Vedra fixemos unha “Busca do tesouro encantado” polo cole.

Organizámonos en varios equipos para atopar o tesouro: amarelo, vermello, verde e azul. Había pistas que nos dicían a onde debíamos ir alí tiñamos xogos protagonizamos por personaxes terroríficas: o zombi Tobi, a Vampiresa Teresa, Next a momia... Había un xogo moi pegañento e un moi divertido de adiviñar contos. Con cada actividade ben feita conseguíamos un anaco de mapa, pero perdeuse un!

Se queredes podedes facer vós tamén o xogo de adiviñar contos, facendo clic aquí:

https://view.genial.ly/6538fc8afed1d10012c29401/presentation-proba-xincana

 

Con todas as pezas do crebacabezas/mapa soubemos que o tesouro estaba agochado no patio de columnas pero non tiñamos as chaves da porta.  Celia adiviñou que as chaves do cole as ten Gerardo, e Lojayn acompañouna a buscalas.

Dentro do tesouro había tatus, pulseiras, globos, follas, pegatinas e selos de samaín que repartimos entre todas!

FOI MOI GUAI! O MELLOR DÍA DE TODO O COLE!

 Podedes ver fotos xa Xincana aquí: https://photos.app.goo.gl/ftUNZQYAw3eqqQG76

-Nenas e nenos de 5º de Educación Infantil-.

Comentarios