Ximnasio Léxico

Hai un novo xogo para practicar o galego chamado Ximnasio léxico, para os dispositivos Android e IOs; tratase dun xogo o cal esta baseado no dicionario da Real Academia Galega, hai dous tipos para xogar, adestrar e competición.

Dentro del hai 3 xogos, o Bule, Rube e Une. Bule: dache a definición dunha palabra e ti tes que adiviñar a palabra so coa definición. Rube: consiste en adiviñar a palabra escondida e so tes de pista o número de letras. Une: consiste en unir unha palabra co seu sinónimo.

Pódese descargar para Android ou para IOs.

Comentarios