Gastropoesía, 1º menú

Translator

Xa temos gañadores do primeiro menú (martes 14 de novembro) do concurso de Gastropoesía!

O menú foi:  Sopa da avoa, arroz con polo e piña no seu xugo

En Primaria Xela Álvarez Martíns, con este poema:

Polo día catorce
non haberá moito doce,
pero teremos sopa da avoa
feita  polas nosas cociñeiras,
que fan unha comida
 coa que non  saes valeira.

De segundo haberá  polo con arroz
que a min paréceme que esta moi bo.
E por último de sobremesa,
teremos piña,
cunha cor amarela que brilla
máis que unha bombilla.

Na ESO, o gañador do primeiro menú, o do martes 14 de novembro, é Martín Fernández Torres co seguinte poema:

Sopa da avoa
xa ves que boa!
Arroz con polo
dentro dun bolo.
Piña raviña
na miña boquiña!
Pan pra acompañar
e pra repañar.

 

Ambos escolleron, coma premio, un postre de tortitas con Nutella.
 
Lembrade que o próximo menú sobre o que poderedes facer un poema e participar no concurso é hoxe, martes 28 de novembro. Animádevos!

Comentarios