Gartic Phone

 

Título: Gartic Phone

Plataforma/s: navegador web

Xénero: debuxo en liña

Gustarache se che gustou o Pinturillo ou o Pictionary


Gartic Phone é un xogo de debuxo en liña para navegador web. Lanzado en 2020, inspirado no xogo do teléfono escacharrado, e dicir, que o debuxo cambia moito de concepto dende o principio da partida ata o final. Pódese debuxar con calquera cousa que che permita o teu dispositivo, se xogas con un teléfono debuxas co dedo e se xogas co ordenador con un rato.


Neste xogo precisas ter polo menos 5 persoas para que sexa entretido. O modo de xogo básico consiste en escribir algo que queres que outra persoa debuxe, cando todos escribiron algo a cada un tocalle o tema de outra persoa e debe debuxalo, ao acabar vas a ver o debuxo de outra persoa e adiviñar de que se trata, séguese así durante varios turnos. Ao acabar a partida vense todos os debuxos e o que supostamente había que debuxar.

 


É un xogo moi entretido para pasar un bo rato cos teus amigos. Ademais está moi ben poder elixir canto vai a durar cada partida aproximadamente e os modos de xogo son moi variados.


 Recomendo para calquera idade porque non é un xogo demasiado complicado. É gratuíto así que calquera pode xogar e é moi entretido.



Un artigo Luga Epelde

Comentarios