FARMING SIMULATOR 22


Título: FARMING SIMULATOR 22

Plataforma/s: Play 4, Play 5, Xbox (one, Series X) e Ordenador

Xénero: Estratexia en liña

Gustarache se che gustou HAY DAY


FARMING SIMULATOR 22 é un xogo de simulación de tractores e granxas no que tes que cultivar as tuas terras para así conseguir as tuas gañanzas e mercar novos tractores, terras e animais. Para dispositivos Play 4, Play 5, Xbox (one,Series X) e Ordenador. Lanzado en 2021, hoxe ten millóns de xogadores por todo o mundo.




Neste xogo empezas con un tractor e unha granxa, cada tractor con máis ou menos potencia, tes que colleitar as túas leiras para poder vender a colleita, tamén podes traballar ca venta de madeira ou ca venta de uva. O xogo consiste en ir mellorando os tractores e mellorando a granxa, comprando mais terras engadindo máis animais que alimentar cas túas colleitas, que pode se de: uvas millo cañas de azucre etc. Tamén se poden facer colleitas ou preparar o campo para outro agrícultor normalmente un npc. Este xogo tamén conta con modo online no que podes xogar con outras persoas.



O xogo é moi divertido, pois se che gusta a agricultura e os tractores podes votar horas e horas cultivando e preparando o campo. Ademais, como este xogo tamén e online podes organizar o traballo entre varias persoas e así non se fai tan cansino como pode chegar a ser xogar solo. Ademais, cando vas comprando novos tractores con máis potencia o traballo non se fai tan cansino como pode ser con un tractor con pouca potencia, polo simple feito de que un tractor con máis potencia lévalle menos tempo preparar un campo que un tractor con pouca potencia.


Recomendo este xogo se che gusta a agricultura e a gandaría para xogar en tempos mortos cos teu amigos. Ten un prezo de aproximadamente entre 20 a 60
euros dependendo en que plataforma o compres. Moi entretido.


Un artigo de Óscar

Comentarios

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.