Enigmas matemáticos: Vasos de laranxada

 


Seis amigas beben laranxada na finca dunha delas nunha tarde de verán. En total beben 21 vasos de laranxada. Sabendo que cada amiga bebeu un número distinto de vasos, di cantos vasos bebeu cada unha.

 

 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN

 1, 2, 3, 4, 5, 6 vasos.

 

 

Comentarios