Enigmas matemáticos: Números ocultos

 

 

Atopa o número que falta en cada gráfica. Para conseguilo tes que atopar primeiro como se forma a serie.


 

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN

 

Figura da esquerda: 61. Comeza enriba á esquerda. Obtén cada número multiplicando o anterior por 2 e sumándolle 3.

Figura do medio: 46. Comeza no 1. É unha espiral. Obtén cada número multiplicando o anterior por 2 e sumándolle 2.

Figura da dereita: 11. Comeza no 2 e leva o movemento das agullas dun reloxo. A metade da esquerda obtense sumando 1 ao número de enriba. Á da dereita sumándolle 2.

 

Comentarios