Enigmas matemáticos: 4 litros de auga

 

 

Como podes conseguir exactamente 4 l de auga se só tes dous recipientes de 5 l e un de 3 l?


Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

 

SOLUCIÓN

 

Enche un recipiente de 5 l, verte o seu contido a un de 3 litros e tírao. O resto, que son 2 l, gárdao no recipiente de 5 l.

Enche outra vez un recipiente de 5l, verte o seu contido ao de 3 litros. O resto, que son 2l, déixao no recipiente e vértelle enriba os 2 l que tiña gardados. Xa ten os 4 l.

 

Comentarios