Assetto Corsa


Título: Assetto Corsa

Plataforma/s: Pc / Play/ Xbox  

Xénero: Simulador de carreiras

Gustarache se che gustou Gran turismo, Need for speed


Assetto Corsa é un xogo de simulador de carreiras que intenta ofrecer unha experiencia de condución realista, serve para: Play 4, Xbox One e ordenador. Lanzado o 19 de decembro de 2014, hoxe ten millóns de xogadores por todo o mundo.


Neste xogo dispós de un montón de coches e mapas que si queres poderás ter, máis descargándoos. Podes escoller entre moitos mapas e moitos coches para correr carreiras contra xente online e con amigos ou se queres podes xogar ti só contra unha intelixencia artificial, cando estás dentro do mapa poderás axustar o coche ao teu gusto como compostos de pneumático, presión dos pneumáticos, combustible, configuracións da suspensión, axustes das aletas e moitas mais modificacións que lle podes facer ao teu coche dentro da partida. Este é un dos simuladores de condución máis realistas que existen. Este xogo aínda que se poida xogar en teclado e mando o máis habitual e xogalo con volante, pedais e marchas, tamén se pode xogar con gafas de realidade virtual.

O xogo é moi divertido e entretido, podes xogar calquera mapa con calquera coche cando queiras e se queres cambiar de mapa ou coche podes cambiar moi rápido. Ademais podes instalar mods para instalar mapas e coches que fan o xogo moito máis entretido do que xa era. Ademais, ao xogar con outros xogadores en liña atópaste con xente de diferentes niveis de condución e se fas carreiras contra eles e podes mellorar moito o teu nivel.




Recomendo este xogo a partir dos 10 anos xa que e a idade recomenda para xogar a este xogo, a este xogo telo que xogar cando teñas tempo porque tes que conectar o volante, pedais e marchas. É un xogo que costa 20 euros pero merece moito a pena xa que podes facer moitas cousas nel. Moi entretido e divertido.





Un artigo de Roi

Comentarios

  1. Non sabía o de as gafas de Vr, grazas por darme a coñecer este xogo :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.