Hogwarts Legacy

 


Título:
Hogwarts Legacy

Plataforma/s: PC, PS4, Xbox Series X, Xbox One, PS5 e Nintendo Switch

Xénero: Xogo de Rol de acción

Gustarache se che gustou Hogwarts Mistery ou os Sims


Hogwarts Legacy é un xogo de rol de acción ambientado a finais do século XIX. Foi lanzado en febreiro de 2023, acadando máis de 800.000 xogadores nun solo día.


Neste videoxogo de mundo aberto, xogas con un personaxe que ti mesmo podes crear, elixindo o seu físico, a súa voz, personalidade e ata a casa na que está. Este ten 15 anos é un novo estudante de quinto ano na escola Hogwarts de maxia. Segundo vas adiantando no xogo e vas realizando misións, adquires unha serie de puntos que che axudan a subir de nivel. Terás que ir explorando os diferentes lugares da escola, como a Sala de Menesteres ou lugares como Hogsmeade, gañando amigos e inimigos, terás que asistir as clases e aprender feitizos, poderás gañar obxectos de combate, xa sexan feitos por ti ou comprados que che axudaran no futuro a vencer aos teus inimigos. Cada casa, dependendo da que escollas, ten unha misión personalizada diferente que se descobre segundo vas avanzado no xogo. O xogo ten un fin marcado, pero cando o pasas, tes a opción de seguir xogando como un estudante calquera e preparar os TIMOS (Exames finais).





O xogo resultoume moi entretido, e dinámico, aínda que non me gustou moito o feito de que as túas decisións non teñen máis importancia que un par de diálogos. Ademais, tes sempre cousas para facer sen estar quieto. Aínda que sinto que queda un pouco corto en canto a misións secundarias fora da trama, a trama principal é interesante e aditiva, en total leva unhas 25 horas completar a misión principal, a min levoume unhas catro tardes, pero en canto comezas a xogalo engánchaste moi rápido. 


 E un xogo de pago moi entretido e, aínda que podes facer compras dentro do xogo son bastante innecesarias, recomendaríao partir dos once ou doce anos se che gusta Harry Potter e se non tamén, pois é un xogo divertido e cunha boa historia.


Un artigo de Lucía Chas 

Comentarios

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.