Geometry Dash


Título: Geometry Dash                                                                                                    

Plataforma/s: Android / IOs / Windows / MacOS / GNU Linux / Windows Phone

Xénero: música / plataformas

Gustarache se che gustou Mario Bros


Geometry Dash é un xogo musical de plataformas de pago (aínda que ten varias versións gratis) lanzado en 2013.


Neste xogo o personaxe é un cubo que, saltando, ten que esquivar obstáculos como: pinchos, muros, serras… Este cubo tamén pode cambiar a outros moitos modos de xogo con mecánicas diferentes: a nave, o “UFO”, a araña, a bola, o “wave”, e o robot. 

A nave ten unha aparencia semellante a un avión, que, como a sua aparencia indica, voa como tal. Contrólase facendo que suba mantendo clicado e soltando para baixar.

O “UFO” é un vehículo que con aparencia de OVNI que da un salto no aire cando das clik.

A araña é un vehículo que cambia de gravidade instantaneamente cando das clic, e se teletransporta a parte superior do campo de xogo.

A bola ten unha mecánica similar a araña, pero tarda un tempo en chegar a parte alta do campo de visión, porque ao facer clic simplemente cambia de gravidade, e é esta mesma a que fai que a bola suba ou baixe.

O “wave” é un vehículo pequeno voador que, mantendo clicado, sube con un ángulo determinado, e soltando, baixa co mesmo ángulo, facendo que o “rastro” (que teñen os vehículos como algo decorativo) semelle as ondas do mar.

O robot é un vehículo moi semellante ao cubo, pero co que podes regular a altura dos saltos, dependendo da duración dos clics que des.


Estes vehículos poden ser personalizados nun apartado do xogo. Hai moitísimos deseños diferentes de cada vehículo, e isto mustiplicado polas dúas cores que tes que escoller para todos os vehículo fan que sexa prácticamente inposible que che copien as skins de todos os vehículos ( hai que aclarar que a maioría de cores e vehículos hai que desbloquealos chegando a diferentes estadísticas ).

Hai algúns obxectos que inflúen de distintas maneiras no xogo, cambiando de vehículo ou de gravidade ( os portais ); as orbes, que son unhas esferas brillantes que se clicas nelas, o cubo salta no aire, e tamén pode cambiar de gravidade segundo a cor da orbe; e por último, os pads, que son como as orbes pero con forma plana, pero o salte é automático.


No xogo tamén hai unha parte de editor que permite crear os teus niveles e facer que calquera que quixese xogalo, poida. Esto da moita vida ao xogo porque hai xente que fai niveles realmente vos, e fai que o xogo teña unha cantidade practicamente infinita de niveles


    


Ao meu parecer este xogo é entretenido, aínda que teña unha xogavilidade relativamente simple, hai niveis de todo tipo, para gustos variados, e isto faino máis complexo e entretido.


Recomendo este xogo para calquera idade, porque ten un abano de dificultades moi amplo, e sempre podes seguir mellorando practicamente sin límites, se traballas niso.


Un artigo de Lois Barreiro Carbia

Comentarios

Publicar un comentario

Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.