Enigmas matemáticos: Unha tarta e oito comensais

 

 

Ao aniversario de Mario fomos sete amigos seus. Chegou o momento de partir a tarta e como todos somos moi larpeiros quixemos repartila en oito partes iguais (Mario tamén come tarta). En oito partes iguais é fácil dividir pero no momento de partir, Mario, que sacou dez en Matemáticas, quixo facelo con só tres cortes. Como fixemos?


Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

 

SOLUCIÓN

 

Con dous cortes fixemos catro porcións iguais. Despois puxemos os anacos un enriba dos outros e dun terceiro corte saíron os oito anacos.

Comentarios