A volta ao cole, unha carreira solidaria

Translator

O próximo venres día 20 de outubro levarase a cabo en centos de escolas de toda España a novena edición de “A volta ao cole”, unha carreira solidaria contra a leucemia infantil promovida pola asociación “Unoentrecienmil”.

As nenas e nenos do CPI de Vedra xa estamos “quentando motores” e case case listos para saír nesta marcha, na que procuraremos facer visible a labor que fai esta asociación cun claro obxectivo: impulsar a investigación na loita contra a leucemia infantil. Para iso cada participante  pode facer unha donación  que logo lles faremos chegar e coa que se impulsarán proxectos de investigación relativos á curación desta enfermidade.

Como vedes nas imáxenes nós xa comezamos a traballar para ter todo listo para o día 20. Animádesvos a vir con nós? Cantas máis mellor!

Se o tempo o permite sairemos ás 13:00h. do colexio, pasando por diante do Concello de Vedra, o cruce  A Boca e regresaremos polo Burgo en dirección ao Pavillón municipal e de novo ao centro.

Vémonos na marcha!

 

Na biblioteca do cole xa estamos quentando motores para "A Volta ao Cole" de @unoentrecienmil

 







Comentarios