O mércores 12 de abril o alumnado de 1º ESO A e B, fomos de excursión ao museo “Historia natural” de Santiago de Compostela. O museo está situado nunha zona de moita vexetación e moi bonita.
![]() |
Preme na imaxe para acceder ao album de fotos |
Pouco antes de entrar, separáronnos, é dicir, os de A foron cun monitor e os de B con outro. Unha vez dentro, realizamos diferentes actividades e explicáronnos moitas cousas. Comezamos polo que é o ecosistema e de que estaba formado, mentres estabamos sentados diante dunha exposición de animais. A monitora explicounos que os animais estaban disecados e víase a parte externa do animal. Partes coma os ollos, o nariz ou o fociño son difíciles de conservar, polo cal foron substituídas por unha peza artificial. Como as bolboretas que son moi interesantes de ver. Despois, pasamos a outra exposición, onde había un bosque cheo de animais. A monitora utilizou o seu teléfono móbil para poñer sons de distintos animais e nós tiñamos que adiviñar que animais eran. Subimos unhas escaleiras, que nos levaron onde os minerais que realmente foi unha doazón dun coleccionista ao museo. Entramos a unha caixa forte pequena e grande á vez como para caber unhas cantas persoas. Atopámonos cunha mina pequena, onde experimentamos como sería unha real. Pasamos a ver esqueletos tanto internos como externos, ao seu carón había unha tartaruga xigante, cuxa especie está en perido de extinción pola causa da contaminación. Tamén había quenllas, dentes de quenllas e moitas outras especies de peixe.
Finalmente baixamos a unha parte do museo que está prohibido ó paso para o público agás as visitas guiadas como esta. Fixemos un exercicio, que consistía en facer preguntas ata descubrir que animal tiñamos na mesa. A min gustoume moito.
Un artigo de Malak Boulahfa
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.