Enigmas matemáticos: Substituír as letras por números


As letras dentro dos círculos representan números do 1 ao 9 coas seguintes condicións:
    a) Ningún número se repite.
    b) C – 2 = 1
    c) D x F = E
    d) A, E, I son números consecutivos e están en orde crecente.
    e) A suma da columna da esquerda (A, D, G) é maior que a de calquera columna ou fila.


Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)


SOLUCIÓN

Substituír as letras por números: A = 7, B = 5, C = 3, D = 4, E = 8, F = 2, G = 6, H = 1, I = 9.

Comentarios