CONTACONTOS EN FAMILIA
Foron moitas as nais e pais que viñeron ás aulas a lernos un conto. Seguro que repetiremos xa que, tanto grandes coma pequen@s, pasámolo xenial.
![]() |
Preme na foto para acceder ao album |
Na aulas de 5º e 6º de Primaria tamén tiveron a seu momento de conto, pero neste caso os encargados de ler foron alumnos e alumnas voluntarios de 3º da ESO.
AMADRIÑAMENTOS LECTORES
O venres 21 de abril os corredores do colexio enchéronse de recunchos de lectura. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º e primaria foron os encargados/as de recoller aos seus afillados/as polas aulas e xuntos/as percorrer o colexio en busca do lugar perfecto para ler un bo libro.
![]() |
Preme na foto para acceder ao album |
COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AGADEA
Durante a semana do 24 ao 28 de abril levamos a cabo as seguintes actividades en colaboración coa Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA).
• Martes 25 de abril
Zaira Gómez e Jennifer Balo, de 4º DE PRIMARIA A, achegáronse ata o centro da Terceira Idade a lerlles o conto “As princesas pálidas” aos maiores participantes de AGADEA-Vedra.
Nese mesmo día o alumnado de 3º de primaria A tamén lles presentou o seu audioconto “ En busca do tesouro “
Pincha no enlace se queres voltar a escoitalo.
https://www.storyjumper.com/book/read/144699261/642422d9e5043
• Contacontos dos maiores de AGADEA
O xoves 27 de abril un grupo de cinco persoas maiores de AGADEA-Vedra animáronse a visitarnos e lerlles unha poesía e un conto á rapazada de 3º e 4º de primaria.
Os nenos e nenas aproveitaron para falar e preguntarlles cousas sobre a súa infancia e as súas lembranzas da escola.
• Exposición de libros
A Asociación AGADEA fixo unha exposición de libros en colaboración con diferentes entidades do concello de Vedra. O noso colexio tamén participou aportando algún libro da biblioteca, do profesorado,...
Non podía faltar nesa exposición o LIBRO DOS BICHOS elaborado por os cativos/as de 5º de infantil.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.